Información para os visitantes
A visita a Exponav é un aliciente máis da Ruta da Construción Naval, xunto ao Arsenal Militar de Ferrol e o propio estaleiro Navantia-Ferrol. Tamén nós temos a nosa propia Ruta, na que o visitante poderá efectuar unha visita ao noso Museo da Construción Naval e gratificar os seus ollos coas magníficas exposicións que teñen lugar no chamado “martelo” do edificio, a nosa Sala de Exposicións Carlos III sita no primeiro andar.
Ao entrar no Museo, o visitante dispón dun tríptico onde pode ver o percorrido que pode efectuar. Todo isto, non é máis que un magnífico complemento a un impresionante edificio do século XVIII, restaurado mediante un convenio entre os Ministerios de Fomento, Defensa e a Xunta de Galicia. Na restauración recuperouse o estado en que o edificio se atopaba nos seus comezos, cando servía de aloxamento ás ferrerías necesarias para fornecer aos barcos dos elementos metálicos que montaban.
A Fundación Exponav
A Fundación para o Fomento do Coñecemento da Construción Naval e das Actividades Marítimas, Exponav é unha Fundación de carácter privado, sen ánimo de lucro, inscrita en decembro de 2004 no Rexistro de Fundacións do Estado, que ten como misión ofrecer comprensión e coñecemento do noso pasado naval á sociedade, a industria e a comunidade científica contando a historia da construción naval desde o século XVIII ata os nosos días. Para iso a Fundación ten como obxectivo reunir, expoñer e conservar o patrimonio técnico, ornamental e documental relativo á construción naval e ao sector marítimo en España e, adicionalmente, propiciar actividades complementarias relacionadas co mar e a construción naval, tales como recompilación e mostras de fotografía e pintura, talleres de restauración de fondos, habilitación de salas de conferencias permanentes e temporais, exposicións ou calquera outra actividade cultural que prestixie á Fundación, axude á súa difusión e sexa ben aceptada pola sociedade.
Padroado
O Padroado é o máximo órgano de goberno e representación da Fundación.
O Padroado está constituído por unha serie de patróns natos e outros electivos (algúns institucionais e outros representantes de diversas empresas).
O Presidente do Padroado é o almirante xefe do Estado Maior da Armada (actuando como presidente por delegación o almirante xefe do arsenal de Ferrol).
A Vicepresidencia Primeira ocúpaa o presidente da Xunta de Galicia; a Vicepresidencia Segunda, o alcalde de Ferrol e a Vicepresidencia Terceira, o presidente da Asociación de Enxeñeiros Navais de España.
Museo da Construción Naval
O Museo da Construción Naval de Ferrol está situado no edificio de Herrerías, construído no século XVIII, e que foi restaurado no século XXI mantendo a súa estética orixinal.
A exposición acolle unha importante colección de elementos propios desta disciplina desde o século XVIII ata os nosos días e ofrécenos unha visión divulgativa sobre os fitos históricos máis relevantes relacionados con esta actividade en España.
A planta baixa do museo está dedicada á construción naval en xeral, desde os buques ata os estaleiros, pasando pola enxeñaría, os materiais, as tecnoloxías das unións, a propulsión dos buques e a carpintaría de Ribeira como antecedente da construción naval industrial.
No andar superior faise un percorrido histórico pola construción naval en Ferrol, desde o século XVIII ata a actualidade. Tamén nesta planta pódese ver unha interesante exposición sobre faros e sinais marítimos.
As nosas actividades
Exponav desenvolve diversas actividades abertas ao público en xeral, como as visitas guiadas ao Museo da Construción Naval, as conferencias e exposicións de todo tipo que teñen lugar na Sala Carlos III ou as xornadas técnicas para un público máis especializado.
Mais tamén cremos nos Museos como lugares de divulgación que contribúen ao desenvolvemento dos nenos e mozos. Por iso, dámoslles especial importancia ofrecéndolles diferentes propostas de obradoiros adaptados ás características de cada grupo.
Arquivo documental e biblioteca especializada
Dispoñemos dunha ampla colección bibliográfica e de arquivo, con documentación técnica especializada en Construción Naval que inclúe planos, libros, documentos históricos, publicacións, …
Para solicitar información relacionada co arquivo ou a biblioteca:
Horario de atención ao público do arquivo e a biblioteca: de luns a venres de 9:00 a 14:00 | Ainhoa Leal Díaz – biblioteca@exponav.org
Para consultar a nosa aplicación de arquivo documental pode acceder a través da seguinte ligazón:
Boletín Mensual
Subscríbte ao noso boletín e todos os meses enviarémosche a nosa publicación
Unha maneira cómoda de estar sempre informado das novidades do Museo da Construción Naval é estar subscrito ao noso boletín mensual, que recibirás cada mes no teu correo electrónico.
Para pasares a formar parte diso só debes descargar a ficha de inscrición abaixo anexa e enviárnola cuberta ao seguinte enderezo de correo electrónico: relacionespublicas@exponav.org
Guiaventuras
Descifra os enigmas no noso museo
Descarga as guías para adultos ou para nenos e goza resolvéndoas durante a túa visita ao Museo da Construción Naval
O Blog de Exponav
La “MUJER” en la “MAR”: historias de sueños cumplidos
Entrevista Cope + Galicia do 20/06/22 ás 13:05 h: Entrevista Cope Ferrol do 27/06/22 ás 13:20 h: Entrevista de Jon […]
“DEPARTAMENTOS” e “TÍTULOS” profesionais da “MARIÑA MERCANTE”
Entrevista Cope + Galicia do 25/05/22 ás 13:10h: Recentemente, o RD 269/2022, do 12 de abril, veu a regular os […]
PERTE 2022 proxecto estratéxico para a industria naval
Entrevista Cope + Galicia do 27/04/22 ás 13:10h: O pasado 15 de marzo de 2022 o Consello de Ministros aprobou […]
O VDR: a Caixa Negra dos Buques
Entrevista Cope + Galicia do 29/03/22 ás 13:10h: A maioría das persoas oirían falar das famosas caixas negras, eses dispositivos […]
Ligazóns de interese cultural
Nas seguintes ligazóns podes completar os teus coñecementos sobre o mundo naval e marítimo:
O Museo Naval ten como misión difundir a historia marítima de España, salvagardar as súas tradicións e promover a conciencia marítima nacional.
O Museo Marítimo de Barcelona é un espazo para a interpretación e difusión da cultura marítima catalá de forma innovadora, participativa e próxima á sociedade e ao territorio, mediante a investigación, conservación e salvagarda do patrimonio.
O Museo Nacional de Arqueoloxía Subacuática, ARQVA, é a institución responsable de dar a coñecer aos cidadáns o Patrimonio Cultural Subacuático Español, promovendo a súa conservación, e en consecuencia, o seu acrecentamento para o seu uso e goce. Os seus fins son o estudo, valoración, investigación, conservación, difusión e protección do Patrimonio Cultural Subacuático Español.
A Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial tamén coñecida como Culturmar. O seu obxectivo é defender, divulgar e dinamizar o patrimonio marítimo de Galicia e en particular as embarcacións tradicionais que o integran.
O Museo do Mar de Galicia é un lugar onde comprender a enorme vinculación histórica dos galegos co mar a través do seu aproveitamento e coñecemento.
O Aquarium Finisterrae é un centro público de ciencia dedicado á educación ambiental e a divulgación científica de temas mariños. Ten por obxectivo promover o coñecemento do océano e educar actitudes de agarimo cara ao mar e a vida mariña.
O Museo, con sede na mariñeira vila de Luanco, está dedicado á recollida, catalogación, conservación, estudo e exposición do patrimonio marítimo asturiano.
O Museo Mares de Cedeira nace para poñer en valor o patrimonio material e inmaterial mariñeiro. Un lugar para conservar a historia dun pobo ligado ao mar nun momento en que as tradicións se van perdendo e os tempos van cambiando costume, crenzas, obxectos, aparellos e embarcacións.