Arquivo e Biblioteca

Arquivo Documental

Xestor Documental AtoM

Atención ao público

Biblioteca Especializada

Accede al OPAC Meiga

Información e licencia de uso

 

A Fundación Exponav xestiona unha biblioteca especializada e un arquivo documental que teñen como obxectivo a organización, custodia e conservación do patrimonio inventariado de todo o relativo á construción naval española e con isto poder dar a coñecer o noso pasado naval á sociedade, a industria e a comunidade científica. 

 

Arquivo documental

 

As funcións principais dun arquivo son as seguintes: garantir a custodia, conservación, tratamento e difusión do patrimonio documental. No arquivo da Fundación Exponav traballamos en todas e cada unha delas para poder proporcionar un acceso ao extenso contido de documentación técnica especializada en Construción Naval que custodiamos e que reflicte a orixe e evolución histórica dos Estaleiros españois, así como o desenvolvemento das construcións efectuadas.

Integrado no Sistema de Arquivos de Galicia dende o ano 2020 (DOG núm. 37 do 24 de febreiro de 2020).

Os principais produtores dos fondos que temos no arquivo son:

  • ASTANO [1941-1985]
  • TECNOR [1964-2012]
  • BAZÁN [1941-1985]

Os fondos que custodia o arquivo son:

  • Planos de construción naval: dispomos de aproximadamente 37.000 planos dos que 2.200 están dispoñibles en formato dixital.
  • Planos de detalle en microfichas correspondentes co fondo documental Astano, que amplían a colección dispoñible en formato físico: neste formato temos máis de 300.000 microfichas.
  • Material fotográfico complementario dos fondos correspondentes con Astano, Tecnor e Bazán: este material, do que dispoñemos máis de 88.500 fotografías, está en formato analóxico e dixital, agás a Colección Bazán, que só posuímos en formato dixital.

 

Xestor documental - AtoM

 

O arquivo da Fundación Exponav traballa con AtoM, un sistema de xestión documental de arquivos que proporciona o soporte axeitado para a adquisición, avaliación, catalogación, almacenamento, preservación, procura e acceso ao fondo documental.

AtoM (Access to Memory) é unha aplicación web gratuita que permite unha descrición arquivística deseñada de acordo cos estándares internacionais de descrición e coas regras de descrición multinivel.

Grazas a esta aplicación podemos anexar a cada rexistro unha imaxe dixital que enriquece a propia descrición. Polo momento temos dispoñibles 954 imaxes dixitalizadas que permiten ao usuario poder visualizar sempre a descrición do propio rexistro xunto coa imaxe do mesmo.

Os usuarios que desexaren beneficiarse dunha copia da imaxe do rexistro que están a visualizar, poderán solicitala de forma gratuíta enviando un correo electrónico a biblioteca@exponav.org

 

Para acceder ao noso Xestor Documental de AtoM facer clic aquí:

Atención ao público

O acceso ao Arquivo Documental será con cita previa no seguinte horario:

Luns a venres 09:00-14:00

Podes poñerte en contacto connosco por email, escribindo un correo a biblioteca@exponav.org dirixido a Ainhoa Leal Díaz, ou chamarnos por teléfono no número: 981359682

Biblioteca Especializada

 

A biblioteca que xestiona a Fundación Exponav é unha biblioteca especializada en temática de construción naval.

A función principal da biblioteca é proporcionar un acceso ao material bibliográfico que custodiamos e que está relacionado non só coa construción naval senón tamén coas actividades marítimas e a historia da contorna.

Integrada na Rede de Bibliotecas de Galicia dende o ano 2021 (DOG núm.118 do 23 de xuño do 2021)

A Biblioteca dispón dunha colección bibliográfica moi ampla que abrangue desde Publicacións Periódicas nacionais e estranxeiras até monografías especializadas procedentes de doazóns e cesións realizadas por persoas físicas e xurídicas.

Os nosos fondos bibliográficos a día de hoxe están formados por un número aproximado de 4.331 material bibliográfico e 5.274 publicacións seriadas, datados entre 1751 e 2022.

Actualmente temos dúas publicacións periódicas en aberto, que son: Ingeniería Naval e Revista General de Marina.

A forma de acceso aos nosos fondos segue sendo a través do Sistema de Xestión e Catálogo colectivo Meiga, que utilizamos para a descrición e catalogación das monografías especializadas.

Como material accesible en formato electrónico, temos os seguintes títulos. Isto puido facerse grazas a un proxecto de dixitalización elaborado en 2014:

  • Láminas do Marqués da Victoria
  • The Modern System of Naval Architecture.
  • Reglamento General de Quanto abraza el total armamento de los Navíos, Fragatas y Corbetas de la Real Armada.
  • Seafaring in English: Claude bell Nautical English

A biblioteca da Fundación Exponav conseguiu estar incluída nun Directorio de bibliotecas españolas (mcu.es) Esta tarefa foi levada a cabo polo Consello de Cooperación Bibliotecaria a través da Comisión Técnica de Cooperación de Bibliotecas Especializadas, co fin de crear un mapa interactivo deste tipo de bibliotecas para lles dar visibilidade a través dun portal de bibliotecas especializadas do Ministerio de Cultura. Mapa de Bibliotecas Especializadas – CCB (ccbiblio.es)

 

Para acceder ao catálogo da Biblioteca Especializada facer clic aquí:

Atención ao público

O acceso á Biblioteca Especializada será con cita previa no seguinte horario:

Luns a venres 09:00-14:00

Podes poñerte en contacto connosco por email, escribindo un correo a biblioteca@exponav.org dirixido a Ainhoa Leal Díaz, ou chamarnos por teléfono no número: 981359682

Comparte facilmente a información sobre o museo facendo clic nas seguintes ligazóns: