Visitas guiadas
O noso museo ofrece visitas guiadas variadas, adaptadas a todos os niveis
Un percorrido principal que repasa a evolución da Construción Naval ao longo da historia.
Dous percorridos temáticos para profundar un pouco máis:
- 100 anos de historia dos estaleiros de Ferrol
- Faros: 2000 anos guiando os navegantes
Estas visitas teñen unha duración aproximada dunha hora e poderanse realizar en castelán, galego, inglés ou portugués.

Visita guiada o Día dos Museos,
maio de 2022

Visita guiada dun centro escolar
decembro de 2021

Visita guiada para centro escolar
maio de 2022

Visita guiada para grupo da Fundación
xuño de 2022

Visita guiada para grupo escolar
maio de 2022

Visita guiada
xuño de 2022
Visitas guiadas
Reserva grupos con visita guiada: Mínimo 72 horas antes. Luns a venres en horario de oficina de 09:00 a 14:00h
Chámanos por teléfono ou escríbenos a: exponav@exponav.org
Se queres reservar para un grupo sen visita guiada: Non é necesario avisar con antelación.
Talleres infantís
Para centros educativos e outros colectivos
Como complemento ás visitas de centros escolares e/ou asociacións ofrecemos varios talleres. Estes adoitan ter unha duración media de entre 20-30 minutos cada un, mais sempre se acomoda ao tempo do cal dispoña o grupo.
A información dos talleres e actividades que temos dispoñibles poderán atopala no noso tríptico descargable. Ademáis, ante calquera dúbida estaremos encantados de axudalos tanto por teléfono como por medio de correo electrónico:
Aqueles grupos que así o requiran poderán dispoñer tamén dun lugar no cal poderán facer un descanso entre actividades.

Procura do tesouro pirata
xuño de 2022

Procura do tesouro pirata
xuño de 2022

Taller de nós mariñeiros
marzo de 2022

Taller de nós mariñeiros
decembro de 2022

Escape room
marzo de 2022

Taller memory
marzo de 2022
Club Cormonav
Club para nen@s de entre os 4 e os 12 anos
Facerte socio é completamente gratuíto e ten vantaxes:
- Inscrición previa nos nosos talleres de datas especiais
- Envío de felicitación de aniversarios
- Obsequio polos aniversarios
- Regalo de catro entradas de adulto gratuítas presentando o carné de soci@
Descarga a ficha de inscrición e enviánola cuberta ao seguinte enderezo: talleresexponav@gmail.com

Taller de Semana Santa
abril de 2022

Exposición de pinturas dos socios do Club Cormonav

Taller de casiñas do Nadal
decembro de 2021

Taller de nadal
decembro de 2021
Actividades descargables "Exponav na casa"
Propoñémosvos un cómic para ver, resolver, colorear,….para facelo voso.
Nunha ligazón podedes descargar o cómic cun encrucillado sobre o mesmo cómic e coa ourtra ligazón podedes descargar o cómic sen “globos” para que o poidades completar ao voso gusto.
Deseña unha áncora
Papiroflexia
Decoración de Nadal e árbore de nadal
Papá Noel
Comparte facilmente a información sobre o museo facendo clic nas seguintes ligazóns: