O VDR: a Caixa Negra dos Buques
Entrevista Cope + Galicia do 29/03/22 ás 13:10h: A maioría das persoas oirían falar das famosas caixas negras, eses dispositivos que existen nos avións e que rexistran datos que proporcionan información vital para reconstruír a secuencia de feitos previos a un accidente aéreo. Pois da mesma maneira que existen esas caixas, algúns buques tamén están dotados dun sistema similar, coñecido como VDR, correspondente ás siglas Voyage Data Recorder, que serve para rexistrar os datos das manobras e travesías dos buques...