Información

Información para as persoas que desexen visitar en Ferrol o Museo da Construción Naval ou a sala de exposicións temporais Carlos III​

Horarios

Horario de apertura ao público do Museo da Construción Naval da Sala Carlos III

Tempada alta

2 ao 5 de xaneiro

3 ao 9 de abril

15 xuño ao 17 de setembro

1 ao 30 de decembro

Luns a venres 10:00-19:00
Sábado 10:00-20:00
Domingo 10:00-14:30

Tempada media

2 maio ao 14 de xuño

18 septembro ao 31 de outubro

Luns Pechado
Martes a sábado 10:00-19:00
Domingo 10:30-14:30

Tempada baixa

9 xaneiro ao 2 de abril

11 ao 30 de abril

16 ao 30 de novembro

Luns Pechado
Martes a venres 10:00-14:30 y 15:30-19:00
Sábado 10:00-19:00
Domingo 10:30-14:30

Visitas de grupos escolares

Para consultas e para concertar visitas de grupos ou escolares atenderémolos nos horarios de apertura de Secretaría (de luns a venres de 09:00 a 14:00) ben por teléfono (981 359 682) ou ben a través do correo electrónico exponav@exponav.org , avisándonos con polo menos 72 horas de antelación.

Lembra

A billeteira pecha media hora antes do peche do Museo. O despexo das salas iníciase 15 minutos antes do peche do Museo. O Museo da Construción Naval atópase no Edificio de Ferrarías, con acceso pola rúa Irmandiños, ubicado no mesmo complexo que o Museo Naval dentro do Arsenal Militar de Ferrol. Edificio Ferrarías, Cantón de Molíns s/n 15490 Ferrol (A Coruña).

Tarifas

Xeral 2€

Icono de perfil del Museo de la Construcción Naval en Ferrol (A Coruña)

Reducida 1€

Icono de perfil del Museo de la Construcción Naval en Ferrol (A Coruña)
  • Maiores de 65 anos
  • Familias numerosas
  • Membros ICOM

Gratuita

Icono de perfil de la Fundación Exponav de Ferrol (A Coruña)
  • Menores de 18 anos
  • Estudantes
  • Profesores
  • Discapacitados
  • Desempregados
  • Guías turísticos oficiais (no exercicio da súa actividade)
  • Prensa (no exercicio da súa actividade)

Grupos

Icono de perfil del Museo de la Construcción Naval en Ferrol (A Coruña)
  • Ata 40 persoas: 25 €
  • De 40 a 80: 50 €
  • De 81 a 100: 75 €

Gratuito para centros educativos, asociacións, etc.

Admítese o pagamento con tarxeta.

Reservas

Visitas guiadas

Reserva grupos con visita guiada: Mínimo 72 horas antes.
Luns a venres en horario de oficina de 09:00 a 14:00h

Chámanos por teléfono ou escríbenos a: exponav@exponav.org

Se queres reservar para un grupo sen visita guiada: Non é necesario avisar con antelación.

Sala Carlos III

Reserva da Sala Carlos III

Para a utilización da Sala Carlos III deberase enviar ao enderezo de correo electrónico exponav@exponav.org o formulario anexo para a aprobación por parte da xerencia da Fundación Exponav

Información para os visitantes

Se queres aproveitar ao máximo a túa visita ao Museo,  recomendámosche ler a información para os visitantes e que teñas presentes os seguintes consellos:

Colexios e colectivos

Descargar a solicitude de reserva de obradoiros visitas.

Antes da visita

Infórmate

Consulta as exposicións temporais da Sala Carlos III e as presentacións da Colección Permanente do Museo da Construción Naval que podes ver durante a data prevista da túa visita.

É posíbel que haxa salas pechadas debido a mudanzas de exposicións.

Recomendamos aos visitantes que veñades en grupo, respectedes as indicacións para facilitar o acceso ao Museo.

Os grupos con reserva teredes que dirixirvos á recepción, localizada na entrada do Museo. Esta recepción é tamén punto de encontro cos guías. Se tes algunha dúbida podes consultar co persoal de atención ao visitante do Museo no teléfono de información 981359682 ou enviando un correo electrónico a relacionespublicas@exponav.org, sempre dispoñible no noso horario de apertura ao público.

Durante a visita

Non toques as obras, excepto as interactivas. Son fráxiles e pódense danar ao mínimo rozamento. Non está permitido entrar nas galerías con obxectos punxentes ou outros obxectos como sinalizadores, etc. Garda unha distancia prudencial con respecto ás obras de arte.

Se vén ao Museo con menores procure que estean vixiados e cumpran a normativa. Os grupos de menores deben ir acompañados sempre dun adulto.

Non se permite a entrada ao Museo con vultos grandes como: paquetes, mochilas ou bolsas maiores de 35×35 cm.

A toma de fotografías e/ou vídeos dentro das instalacións do Museo está permitida para uso particular. En caso do visitante desexar facer outro tipo de uso, precisaría solicitar un permiso vía correo electrónico a exponav@exponav.org

Non está permitida a entrada de animais, agás cans-guía.

Non está permitido fumar ou introducir alimentos no Museo.

Estas regras foron estabelecidas para asegurar a conservación das obras de arte e a seguridade dos visitantes.

Deberanse cumprir estritamente e sen excepción. A túa colaboración é valiosa: por favor, axuda aos responsábeis a cumprir co seu traballo.

Visita o noso Museo

Estamos a desexar que veñas a coñecer o noso Museo en Ferrol!

O Museo da Construción Naval atópase dentro do Arsenal de Ferrol. Tanto se estás de visita turística como se vives pola zona e non sabes que facer en Ferrol ven vernos e divírtite á vez que descobres curiosidades da nosa historia.

+34 981359682

exponav@exponav.org

Edificio Herrerías, Cantón de Molins s/n 15490 Ferrol (A Coruña)

Comparte facilmente a información sobre o museo facendo clic nas seguintes ligazóns: